Máis de 107.000 viaxeiros facilitaron os seus datos nos primeiros días da norma

fotos recurso aeropuertos aeroporto santiago de compostela turismo

Un total de 107.412 persoas inscribiron os seus datos de contacto no rexistro de viaxerios que puxo en marcha a Consellería de Sanidade o pasado día 29 de xullo. Delas, 62.446, el 58,1% do total, proceden das distintas comunidades autónomas con comunicación obligatoria, concretamente 29.783 do País Vasco, 24.150 de Cataluña, 3.674 de Aragón, 3.011 de Navarra e 1.828 da Rioxa.

Asimismo rexistraronse 449 viaxeiros que chegaron dos países cun risco epidemiolóxico máis elevado. Concretamente 121 dende Estados Unidos, 75 de Luxemburgo, 75 de México, 46 de Brasil, 42 da República Dominicana, 33 de Rumanía, 22 de Chile, 16 de Ecuador, 11 de Perú e 8 de Colombia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O resto dos casos corresponden a viaxeiros doutros países con risco epidemolóxico menos elevado cos anteriores ou a viaxeiros que se rexistraron voluntariamente procedentes de lugares que non son de declaración obligatoria.

A Consellería de Sanidade recorda que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro dun período de 14 días en territorios que posean unha incidencia epidemolóxica 3,5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos.


Como facilitar os datos de contacto


Para proporcionar esta información, pódese cubrir o formulario que esta dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou suministrar os datos chamando ó teléfono 881 00 20 21.

A todos os viaxeiros se lles facilita un contacto por si tivesen algún tipo de sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes ca tarxeta sanitaria.