Durante a sesión plenaria celebrada na xornada de onte, a corporación do Irixo aprobou os seus presupostos, que ascenden a 1,185 millóns de euros. A partida de inversións, que se levará 190.000 euros do total, contempla como os dous proxectos principais a execución da primeira fase do Plan Urbe en Santa María do Campo, cunha anualidade de 45.000 euros. A outra iniciativa e a creación dun parque infantil ambiental.
Na mesma sesión tamén se aprobou a iniciativa para nomear coma fillo predilecto o anterior alcalde, Manuel Penedo, con motivo do primeiro aniversario dende o seu falecemento. Tras esta aprobación iniciarase o procedemento que terá coma instructor ó presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. Ademáis, aprobouse a proposta de cambiar o nome á praza maior da vila tamén polo nome do ex alcalde, Manuel Penedo.