O Museo do Viño presentou un libro sobre o patrimonio vitivinícola ó seu paso polo Miño e o Avia

A presentación no Museo do Viño de Galicia no lugar de Camporredondo, en Ribadavia contou coa presenza do Director do Museo, César Llana, o Director Xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo, a alcaldesa en funcións de Ribadavia, María Luz Expósito e os autores do libro, e membros do Centro de Estudos Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, Juan José Álvarez, Jorge Lamas e Diego Reboredo así como a fotógrafa Susana Baños.

Publicidade

Este libro recolle o patrimonio histórico do viño ao seu paso polo río Miño e polo río Avia, as súas adegas e as súas granxas monásticas. O coordinador da publicación, presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas e historiador Xosé Luis Sobrado, que agradeceu a axuda de tódolos implicados neste libro así como dos propietarios dos inmobles descritos nesta obra; indicou que esta é unha publicación moi novidosa que aporta unha visión do patrimonio histórico do Ribeiro onde o viño ten unha influencia clave. Patrimonio que resaltou que non existe en ningunha outra D.O., polo menos desta calidade, con 80 elementos arquitectónicos catalogados ata o de agora, dos cales 40 móstranse no libro.Sobrado destacou a inclusión da primeira recreación que se fai da granxa de Gomariz, a mais antiga de toda a península.  

O historiador informou que comezaron a traballar nesta obra hai 20 anos e anunciou que será a primeira dunha recompilación mais ampla. Aínda resta catalogar o patrimonio da marxe esquerda do río ademais das igrexas, pazos e priorados. Xosé Luis Sobrado insistiu na necesidade de catalogar todo o patrimonio, protexelo e rehabilitalo mantendo a súa esencia.

Anxo Manuel Lorenzo, Director Xeral de Políticas Lingüísticas, recoñeceu o traballo de todo o equipo e destacou a importancia desta primeira publicación vinculada ao Museo do Viño. Asemade, anunciou futuras aportacións económicas para que se siga traballando en amosar todo o patrimonio que temos e se poña en valor na medida que merece.