O campus de voluntariado “O noso rural: A nosa istoria”, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración ca Oficina Municipal de Información para a Xuventude de Ribadavia, conta aínda con dúas prazas vacantes das 12 ofertadas. As datas nas que se celebrará serán do 20 ó 31 de agosto e poderán participar todos aqueles rapaces de entre os 18 ós 30 anos. O aloxamento no que se hospedarán os participantes, a pensión completa, é o Garden Lodge Hostal Evencio.
Para máis información pódese contactar ca Casa da Xuventude con cita previa, no teléfono 988 47 19 29 ou no correo electrónico omix.ribadavia@gmail.com. A inscripción pode formalizarse na páxina da Xunta de Galicia http://xuventude.xunta.es/