Programa de goberno do PSdeG-PSOE do Carballiño: Novas infraestructuras viarias

O Concello do Carballiño vén de redactar un novo proxecto que contempla obras de acondicionamento de catro pistas que mellorarán os accesos a diferentes núcleos, cun investimento total de 160.000 euros, e que abranguerán unha lonxitude global de 6 quilómetros. Concretamente, trátase de traballos de asfaltado nas vías que enlazan A Madanela, Zafra, Lama e Souto, na parroquia da Piteira, e das correspondentes ás localidades de Xuio, Dornela, Valfrío e Bertamil, na parroquia de Santa Uxía de Lobás.