A Policía esclarece un incendio no concello de Beariz

Os axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Ourense procederon a tomar declaración a un varón, como presunto autor dun incendio rexistrado o pasado luns, 3 de agosto, na  parroquia de Xirazga, do municipio de Beariz. 

O lume, que afectou 0,05 hectáreas de monte raso, orixinouse cando o investigado lanzaba artefactos pirotécnicos sen tomar as medidas de precaución necesarias para realizar este tipo de actividade, o que provocou que as lapas chegaran a un monte próximo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na súa extinción participaron un axente, unha brigada, dúas motobombas e dous avións de carga en terra da base de Beariz.

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao xulgado de Instrución de Garda do Carballiño.

No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 43 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.