Gri Towers lidera xunto cunha planta de Brasil a producción de torres eólicas

IES CHAMOSO LAMAS

A planta de GRI Towers Galicia S.L., ubicada no parque empresarial do Carballiño, atópase nun momento álxido da súa produción anual. Xunto coa planta ubicada na cidade de Pernambuco, en Brasil, lidera a produción do grupo GRI Towers a nivel mundial.

Esta circunstancia enche de orgullo ao xerente da planta carballiñesa, Cándido González Mandado, que destaca o feito de que esta planta sexa a semente do enorme potencial do grupo, conformado por nove plantas instaladas en Brasil, Estados Unidos, Turquía, India, Sudáfrica, Arxentina e España.

HIPER MASIDE

Na actualidade, a planta conta cunha plantilla de arredor de 400 persoas, o que supón,  como exemplo e en términos comparativos coa población, un peso na economía local carballiñesa superior ao do grupo PSA en Vigo, según afirma Cándido González, durante a visita realizada polo concelleiro de Emprego, Manuel Dacal.

Cándido González tamén destaca a importante incorporación de mulleres á plantilla nun sector tradicionalmente de homes. Neste sentido, expresa a súa satisfacción non só polos empregos directos, senon tamén pola repercusión indirecta desta actividade no tecido económico e social carballiñés.

A orixe do grupo sitúase no ano 2004 por iniciativa de Cándido González Lorenzo. GRI Towers créase coa adquisición de Ganamagoga en 2008, e convírtese así en subministrador na cadea de valor das enerxías renovables. Ese mesmo ano intégrase no grupo Gonvarri, e a partir do 2015, convírtese nun líder global, sendo unha compañía de referencia para os fabricantes de turbinas eólicas alrredor do mundo.

Desde o ano 2012, Cándido González dirixe GRI Towers Galicia, que gañou máis dimensión ao incorporar no ano 2018 as seccións de corte e biselado. Así, na actualidade conta cunha superficie de 20.000 metros cadrados, máis outros 25.000 metros cadrados de campo-almacén alugados á comunidade de montes de Seoane.

GRI Towers Galicia produce unhas 8 torres eólicas por semana, o que supón unhas 400 torres cada ano, das 3.500 que produce o grupo a nivel mundial. O transporte de tramos é constante, sobre todo na primavera e o verán, que son as épocas de maior produción anual.

Cándido González amosoulle ao concelleiro a súa satisfacción por ser unha empresa comprometida coa sostibilidade medioambiental, a responsabilidade social corporativa e a imbricación no tecido económico e social do Carballiño, apoiando o deporte base e outros eventos deportivos, e emprendendo iniciativas medioambientais como a repoblación realizada hai uns anos nos arredores da antiga fábrica de papel da Lavandeira.

Manuel Dacal, que realizou esta visita para interesarse pola marcha da planta, dentro dun percorrido que efectúa polas empresas do parque empresarial e polígono industrial carballiñés, agradeceu a colaboración de GRI Towers Galicia coas iniciativas locais, sobre todo no ámbito deportivo, ademais da contribución á creación de emprego e ao desenvolvemento económico do Carballiño.

Finalmente, Cándido González referiuse ao futuro do sector das enerxías renovables, cuxo principal competidor é China, que cada vez fabrica con máis calidade, cumprindo prazos  e tendo prezos máis baixos, pero que espera que se vaian igualando nos próximos anos, polo que se amosa optimista ao respecto.