O festival de títeres acollerá a cinco compañías dende o 17 ó 21 de agosto

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Festival de Títeres chega a súa duodécima edición, e nesta ocasión desenvolverase en cinco xornadas coa participación de cinco compañías, cuxos espectáculos celebraranse na explanada do parque municipal ás 19,30 h.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As representacións, obradoiros, xogos e contacontos terán lugar nun recinto acotado e co aforo limitado polo cumprimento da normativa de separación e seguridade polo coronavirus.

O festival conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, e a entrada aos diferentes espectáculos e actividades será completamente gratuíta.

PROGRAMA

Día 17: FILIPA COS CONTOS – Títeres Bandullo Azul

Día 18: GYROVAGUS + obradoiro de monicreques  – Micromina Títeres

Día 19: XAN DAS ONDAS  + obradoiro de monicreques – Barafunda

Día 20: O SHOW DE BARALLOCAS – Marionetas Trécola

Día 21: ESTRAFALARIA + xornada de xogos – Xarope Tulú