O BOP de Ourense autoriza a actividade do Eco Barco Ribeiro

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a creación dunha canle para actividades deportivas e navegación corrente nos termos municipais de Cenlle e Castrelo de Miño.

As actividades que ofrece son dúas. Por un lado está o paseo por estas augas, con saída do pantalán do Hotel Balneario Laias Caldaria e con punto de encontro na recepción deste hotel. Ten unha duración de entre 60 e 75 minutos e está dispoñible todos os días da semana ás 17:00 horas e ás 19:00 horas. O prezo depende da idade e do tipo de entrada solicitada. Por outro lado está o paseo con cata, como actividade de enoturismo sostible frente a viñas e bodegas da zona. Esta actividade ten os mesmos puntos de saída e de encontro pero será ás 11:00 horas todos os días da semana, cunha duración entre os 90 e 120 minutos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Mentres existan limitacións de acceso como consecuencia da COVID-19, deberanse ter en conta as seguintes instrucións: Non acuda ás nosas oficinas sen cita previa – Respecte o horario asignado. – Garde en todo momento unha distancia mínima de 2 metros con outras persoas. – Respecte a sinalización e siga as instrucións do noso persoal. – Deber acudir co seu propio material de escritura. – É obrigatorio o uso de máscara. – Ao entrar e saír do centro realice unha adecuada hixiene de mans co xel hidroalcohólico que poremos á súa disposición. Do pagamento deste anuncio responde o peticionario.