O Carballiño baixa 3 casos hoxe e Beariz despunte con 13 novos contaxios

O Concello do Carballiño baixa hoxe os casos activos en tres persoas, ata situarse nos 23, sen apenas grandes cambios dende os últimos días. Aínda así, dende o concello informan de que as altas e os contaxios novos están en cifras bastante equiparadas, por iso o descenso destes días é moi paulatino. A boa nova de hoxe é que o concello volve á cor verde no mapa epidemiolóxico, despois de que onte o concello pasara á cor amarela a causa do número de contaxios novos nos últimos 7 días.

A comarca sobe os casos totais, con 59 a causa de varios cambios significativos. Beariz hoxe marca o punto negativo da comarca, subindo 13 casos ata situarse con 17. Maside tamén sobe os casos, aínda que en menor medida, pasando dos 2 casos de onte ós 4 de hoxe. Os demais concellos presentan as mesmas cifras ca onte. Boborás conta con 5 casos activos; O Irixo conta con 2 casos; Piñor conta con 4 casos, Punxín conta cun caso e San Cristovo de Cea conta con 3. San Amaro segue a ser o único que non ten casos positivos.

AVANTAR ACTIVIDADES