Podemos propón ó concello cheques para facilitar a conciliación familiar

O representante de Podemos no Carballiño, Manuel Nogueira, ven de presentar esta proposta para a súa votación e aprobación en sesión plenaria.

Esta formación require ao concello, como administración máis próxima á veciñanza, que poña en marcha un sistema de axudas para a conciliación das familias para poder axudarllas na volta ás aulas dos seus fillos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estes cheques de conciliación terían un límite de gasto superior por cheque e unidade familiar de 175€/mes no caso de un menor ao cargo, 300€/mes no caso de dous menores e de 550€/mes no caso de tres ou máis menores.

Podemos engade que para financiar estes cheques de conciliación se tiraría do remanente de tesoureira que se cribou para as axudas da COVID-19 en este concello de O Carballiño para a súa primeira fase, e que salientan que a día de hoxe está sen tocar ainda.

Esta proposta debe ir acompañada dunhas bases que regulen o reparto destes cheques e Podemos, amparándose no retraso que leva a publicación das bases das axudas a autónomos e PEMEs do concello do Carballiño axunta xa neste escrito unha proposta de bases dos cheques de conciliación.