A igrexa de Feás estrea unha reforma case integral nas súas instalacións

A igrexa de Feás que ven de rematar unha reforma de prácticamente a súa totalidade para arranxar o gran deterioro que tiña. Hai 2 anos comezaron a valorar cos veciños a necesidade de facer as obras e comezaron a pedir os permisos a Patrimonio. Un ano despois comezaron as obras que se retrasaron debido ao confinamento. Foi unha reforma total da igrexa, excepto as paredes todo é novo (tellado, interior das paredes, bancos, retablo…). Os veciños da parroquia, tanto os presentes como os que viven no exterior, participaron no financiamento desta obra así como o obispado de Ourense. O orzamento foi de 150.000 euros.

Na inauguración do sábado participou o obispo de Ourense dando unha misa para dar as grazas. E asemade, este pasado sábado os veciños de Vilachá asistiron a igrexa de Feás para celebrar a misa na honra de San Roque onde o párroco, Ramón Veloso, fixo referencia a estas obras.

AVANTAR ACTIVIDADES