A Policía Local actúa ante un caso de coronavirus que non respetaba a cuarentena

A Policía Local do Carballiño tivo que intervir ó recibir varias chamadas de veciños que relataban que viron paseando pola rúa a un rapaz que aseguraban que podía ser portador do coronavirus ao estar estreitamente relacionado cun dos brotes activos na vila.

Segundo comentou o concelleiro de seguridade, Manuel Sotelo, que valorou moi positivamente a actuación dos axentes, a situación sanitaria do rapaz non estaba confirmada. Efectivamente, esta persoa estaba dentro dos contactos recentes do brote que segue activo e que comezou coa proba positiva dunha rapaza de 16 anos a pasada fin de semana. Segundo fontes do entorno, esta saída debíase a que se ía desprazar ó Irixo á súa segunda vivenda para pasar a corentena.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ante esta situación, a Policía Local púxose en contacto con esta persoa e levárona ó Centro de Saúde do Carballiño. Ante as dúbidas, segundo comentou o concelleiro, realizóuselle a proba PCR en Ourense, que deu positivo en coronavirus e dende a Políca Local tiveron que facilitaron unha opción de confinamento ós pais, que manifestaron ter problemas para controlar o seu aislamento.