OZOCOgz entrega hoxe os premios do concurso de micro-relatos na Insua dos Poetas

OZOCOgz fará a entrega dos premios do seu concurso de micro-relatos, que este ano alcanza a súa oitava edición, por primeira vez na Ínsua dos Poetas, na Esgueva (Madarnás). O emprazamento, amplo e ao aire libre, facilita o cumprimento das medidas sanitarias do protocolo Covid19.

Publicidade

A finais do pasado mes de maio déronse a coñecer os gañadores do concurso que os encabeza co primeiro premio “ELA, SONHA NAS RAMAS DO BAOBAB”, presentado por Cruz Martínez. Recibirá un xogo de mesa Ti non es de aquí?, de OZOCOgz e un vale por un menú obsequio de Parrillada San Andrés do Carballiño para dúas persoas.

O micro-relato finalista foi “DE OLHOS FECHADOS”, presentado por Catarina Cortizas Leira e terá un agasallo de OZOCOgz e un lote de libros doado pola asociación Tangaraño Cultural, de Sobradelo (Xunqueira de Ambía).

O acto de entrega dos premios comezará mañá ás 18:30h no anfiteatro da Ínsua dos Poetas. No mesmo acto asistirán Xiko Paradelo e Irene Veiga que presentarán a banda deseñada sobre Ricardo Carvalho Calero “Coraçom de Terra” da que son autores, e como ven sendo habitual, coa música e poesía ao vivo.