O PSOE de Leiro anuncia a chegada da rede de banda ancha en 16 núcleos

O PSdeG-PSOE informa dunha nova moi importante para o futuro do Concello de Leiro, atraves dos representantes deputados e senador en Madrid, que lle comunicaron ó Portavoz Manuel Rodríguez, de que a “Secretaria de Estado para o Avance Dixital, de que se vai a dotar de rede de banda ancha, a varios pobos do Concello, que estaban carentes de cobertura” como son Beran, Cubilledo, Gomariz, Casar, Lebosende, Leiro, As Cortes, Orega, Barouta, Meson do Pardo, A Ponte, A Veiga, Paredes, Sa, Vieite e Barzamedelle todos estos pobos estaban dentro do que se denomina “zonas blancas” que son zonas que no dispoñian de cobertura de rede de banda ancha de nova xeneración, nin previsions para a sua dotación por algún operador, polo que no dia de hoxe os nosos compañeiros nos confirmaron que en proximas datas se vai executar a través da adxudicación a empresa Telefónica, coa cofinanciación de Fondos Europeos Feder e o Goberno de España.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

O voceiro socialista, Manuel Rodríguez que saliantar que xa nos mes de Febreiro de este ano 2020, presentaron en Pleno unha Mocion na cal pediamos a cobertura de internet e movil, porque creen que si queren asentar poboación no rural, teñen que levar acabo politicas enfocadas as melloras das novas tecnoloxías, xa que resultan hoxe absolutamente básicas para vivir e traballar e mais agora con esta pandemia do COVID-19, eliminando está fenda dixital por parte do Goberno de España vamos a ter as mesmas oportunidades laboráis, de formación, de emprendemento e de ocio que internet e as novas tecnoloxías nos brindan.