O delegado territorial da Xunta Gabriel Alén subliña a responsabilidade e o compromiso coa veracidade dos profesionais galegos da comunicación

IES CHAMOSO LAMAS

Na presentación do 9º  Foro da Comunicación de Galicia en Expourense

  • O 9º  Foro da Comunicación de Galicia, que organiza conxuntamente o Clúster da Comunicación de Galicia e Expourense, conta co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense
  • O delegado territorial da Xunta felicitou aos xornalistas polo xeito de comunicar “de forma rigorosa, humana e empática que axudou a descartar dúbidas e bulos e xerar certeza e tranquilidade cando a situación era delicada e afectaba a tantas persoas”
  • Gabriel Alén incidiu na importancia da liberdade de expresión e de difusión, xa que “constitúe un dereito fundamental e unha das bases esenciais de convivencia democrática”

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación do 9º  Foro da Comunicación de Galicia que organiza conxuntamente o Clúster da Comunicación de Galicia e Expourense, e que conta co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.

HIPER MASIDE

O delegado territorial  subliñou a responsabilidade e o seu compromiso coa veracidade dos profesionais galegos da comunicación, “destes exemplo no tratamento informativo da Covid 19 onde adoitástedes unha perspectiva da veracidade, da prudencia e de mensaxes responsables ante a incerteza do que estaba a ocorrer”; e fostes quen –continuou o delegado- “de comunicar de forma rigorosa, humana e empática para axudar de maneira decisiva a descartar dúbidas e bulos e xerar certeza e tranquilidade cando a situación era delicada e afectaba a tantas persoas. Por iso quero transmitirvos, no nome da Xunta de Galicia, felicitacións e  recoñecementos ao voso labor”.

Gabriel Alén incidiu na importancia da liberdade de expresión e de difusión, xa que “constitúe un dereito fundamental e unha das bases esenciais de convivencia democrática, valores que os poderes públicos deben garantir, non só removendo os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude, senón promovendo a participación de toda a cidadanía na vida política, económica e social”. Para iso, “precisamos duns medios de comunicación plurais e independentes que cheguen a todos os galegos e galegas e que respecten os seus intereses, a súa lingua, a súa cultura e, en xeral, a galeguidade entendida como vínculo histórico dos galegos de dentro e fóra de Galicia”; sentenciou.

O representante do Goberno galego agradeceu a Expourense e ao clúster que nunca deixaran de celebrar esta actividade. No 2020, en plena pandemia, o foro reiventouse a pasou a ser unha actividade virtual que reuniu a máis de 200 asistentes telemáticos, e celebrou que agora se poida facer de xeito presencial pero aproveitando unha das leccións que trouxo consigo a pandemia e que se poida seguir tamén en liña, facilitando así a oportunidade de participar a profesionais doutras comunidades ou tamén doutros países.

Por último, o delegado territorial deu as grazas aos organizadores e patrocinadores destas xornadas pola gratuidade desta acción formativa para os profesionais do sector, “xa que compre lembrar que a comunicación e o marketing son dúas ferramentas esenciais para garantir a competitividade das nosas empresas”.