Na tarde de onte, o concelleiro de Urbanismo, Deportes e Actividades lúdicas, Carlos Pérez Iglesias, visitaba as instalacións deportivas de Salamonde para manter unha xuntanza xunto ao Arquitecto municipal, Manolo Vidal; ao presidente do F. C. Salamonde, Julio Guerra e ao responsable da empresa encargada de acometer a remodelación do campo e a sustitución do terreo de xogo por céspede artificial. Na mesma reunión tamén participou o tenente de Alcalde e responsable das Áreas de Cultura e Medio Ambiente, Carlos Paz González.
O obxecto desta xuntanza era entregar as chaves das instalacións á empresa que vai executar as citadas obras, amais de valorar a situación actual e facer un cronograma que prevé o remate desta intervención antes do fin do presente ano.
A obra, que xa se atopa licitada, é froito dun convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e o concello de San Amaro. Á parte da sustitucion do tapete e da remodelación do campo, contempladas no convenio de colaboración, están previstas algunhas melloras da instalación que terán continuidade no vindeiro exercicio, según palabras do propio Carlos Pérez.