Podemos denuncia ó alcalde do Irixo por ter dous anos sen alumeado O Covelo

Publicidade ASPADISI

Dende o Círculo de Podemos no Carballiño reprochan o “abandono de función”, en palabras do seu portavoz, do alcalde de Irixo, Manuel Cerdeira, xa que aseguran que non se executan os arranxos para dar o servizo de alumeado público. Aseguran que o 17 de maio, presentaron un requirimento á atención do alcalde de O Irixo, para que repuxese este servizo, do cal a veciñanza de O Covelo xa demandara e que levan xa máis de 20 meses sin dispoñer do mesmo.

O Circulo de Podemos no Carballiño, aseguran que vendo a “inoperancia e o pasotismo” do alcalde fronte a petición feita por parte da veciñanza, remitiron con data de 24 de maio unha queixa á Valedora do Pobo. Con data de 26 de maio, a Valedora admitía a trámite a nosa petición e lle solicitaba ao Concello de O Irixo información sobre a problemática que motivaba a  queixa.

HIPER MASIDE

O alcalde, aseguran dende a formación, non remitiu ningunha información. Por ese motivo, a Valedora do Pobo con data de 29 de xuño volveu pedirlle dita información, recordándolle que o envío de dita información é unha obriga legal.

Xa pasaron dous meses de esa segunda petición por parte da Valedora e a case dous anos de que na aldea de O Covelo estean sin alumeado público, pese a que existan as luminarias pertinentes e todas as instalacións precisas para dar ese servizo.

Dende O Círculo de Podemos no Carballiño e dando amparo e voz á veciñanza de O Covelo, aseguran que se ven na obriga de presentar unha denuncia penal contra o Alcalde de O Irixo, D. Manuel Cerdeira por un delito de abandono de funcións.