Todas as actividades da Festa da Istoria están suspendidas, non haberá Desfile, nin Baile Medieval, nin Torneo, nin Xadrez Vivinte, nin Voda Xudia, nin Carreira de Pipotes…
Dende a Coordinadora piden responsabilidade e que se cumpran as normas de seguridade e sanidade da COVID-19 nas xuntanzas que se teñen pensado facer, ben de famílias ou de amigos/as.Recordan que Non é recomendable xuntarse máis de 10 persoas.
Pero para este ano, a asociación Gastrafetes, que colabora ca organización da Festa da Istoria, anuncia a IV edición do concurso de vestimentas, que será este ano en versión online.
O obxectivo deste concurso é manter en pé o espíritu de ambientar ese día tan especial, animar as xentes da vila, visitantes e “fans“da “Festa da Istoria” a mellorar a ambientación e o rigor histórico das vestimentas.
Para participar este ano haberá que subir un vídeo cos mellores traxes e realizar inscrición vía online a través do correo electrónico grupogastrafetes@gmail.com con data límite ata o sábado 29 Agosto, con hora límite ás 23:00 horas. O asunto do correo que enviedes terá que ser: Inscrición IV certame de vestimentas medievais. No correo debe aparecer a categoría na que se vai a participar, nome, temática , un teléfono de contacto e correo electrónico. Para os grupos será preciso ademáis facilitar un nome do grupo, temática e as persoas integrantes. Subir un vídeo de máximo 60 segundos a plataforma Facebook coas etiquetas @festadaistoria e @GrupoGastrafetes e o hastag #semanaculturalfestaistoria2020
As bases completas do concurso poden consultarse en:
https://drive.google.com/file/d/1KhqTXH1fQo04wEqbM8SrzXjopeT67Nap/view?usp=sharing