A Xunta celebra o consenso para o protocolo da volta presencial ás aulas

A Xunta salienta que o documento incorpora a meirande parte das medidas que xa están recollidas -ou co compromiso de incorporalas nas actualizacións previstas- no Protocolo de adaptación ao contexto da Covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 elaborado polas Consellerías de Educación e de Sanidade presentado o pasado xullo.

Trátase da aposta pola presencialidade sempre que as autoridades sanitarias non diten o contrario, o establecemento de grupos estables de convivencia sen limitación de distancia nin ratios de alumnado, a aplicación de test serolóxicos para todo o persoal, e o uso obrigatorio de máscaras a partir de seis anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así o expuxeron o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar.