A denominación de orixe Ribeiro acada seis medallas no concurso ‘Mundus Vini’

A D.O. Ribeiro recibiu un total de seis medallas trala publicación dos resultados do concurso internacional de vinos Mundus Vini, unha competición que se celebrou do 22 ao 27 de febreiro en Alemania.

As adegas da D.O. Ribeiro obtiveron un total de seis medallas. As dúas distincións de ouro recaeron nos viños da colleita 2020 Ramón do Casar Nobre e Ramón do Casar Treixadura, ambos de Adega Ramón do Casar S.L. e os catro galardóns de prata foron para os vinos colleita 2020, Beade Primacía de A Portela, S.A.T, Viña do Campo de Bodegas Docampo, S.A. e Ramón do Casar Godello e Ramón do Casar Varietal de Adega Ramón do Casar S.L.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara ante estos magníficos resultados comenta “novamente, os concursos internacionales deixan patente a gran calidade dos viños da D.O. Ribeiro, isto permitirá que sigamos percorrendo paso a paso o camiño hacia a excelencia nesta denominación de orixe”.

Viños de todo o mundo se presentaron ao 30º Gran Premio Internacional del Vino Mundus Vini, concurso que rende homenaxe aos mellores viños na degustación de primavera de 2022. Nesta edición celebra un resultado récord. En total, o xurado internacional de expertos concedeu 43 medallas de Gran Oro, 1.685 de Oro e 1.294 de Prata aos mellores viños da Cata de Primavera de Mundus Vini.