O Centro Social Santa María de Freás recibirá apoio económico da Deputación

A Deputación de Ourense, na súa política de apoio aos servizos sociais, vén de destinar un orzamento de 48.000 euros para o centro social de Santa Lucía de Freás, no Concello de Castrelo de Miño. Así se reflicte na última modificación de créditos, e así llo trasladou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, na reunión celebrada no Pazo Provincial, ao presidente e aos secretario da Asociación de Veciños Castro, de Santa Lucía de Freás, Isaac Touza Alberte e Ramón Méndez Paz, respectivamente, xuntanza na que tamén participou o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos.