O dúo Explosión, do que forma parte a cantante Yeni Paz, acaba de estrear unha canción dedicada ó Ribeiro, o lugar onde residen actualmente. A música desta peza está realizada por ela mesma e polo outro integrante do dúo, Ángel Calleja. A letra é obra de Lois Pérez Leira. O “Pasodobre do Ribeiro” ensalza o potencial desta terra, dende a súa paisaxe ata o seu producto, o viño. A peza mostra no seu videoclip imaxes de todo o Ribeiro.

A cantante do dúo Explosión, Yeni Paz, está actualmente representando ós concellos de Ourense Norte no programa musical Recantos. Entre estos concellos que representa está a comarca do Ribeiro.