Inaugurase en Ourense o ciclo de conferencias “Saúde mental en tempos da covid”

A directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Ana Comesaña, inaugurou hoxe en Ourense, o ciclo de conferencias “Saúde mental en tempos da covid”, enmarcadas dentro do desenvolvemento do Plan de apoio e atención ao personal da sanidade. Acompañaban á directora o xerente da área sanitaria ourensá, Félix Rubial, o xefe do servizo de Psiquiatría do CHUO, Luis Docasar e o xornalista Sebastián Álvaro.

Estas conferencias, nas que se abordarán os retos e as estratexias para o autocoidado emocional, están organizadas polo Servizo Galego de Saúde, e serán impartidas por profesionais dos servizos de saúde mental do Sergas, en cada unha das sete áreas sanitarias.

AVANTAR ACTIVIDADES

As datas e sedes de cada área sanitaria poden consultarse na web https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/PLAN-DE-SAUDE-MENTAL-DE-GALICIA-POSCOVID-19?idioma=es

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade