O PP ponse ao dispor do Equipo de Goberno, ainda que critica algunha decisión

NOTA DO PP

Desde o Grupo Popular, estamos ao dispor do equipo de goberno para colaborar en todo o que precisen, e damos as grazas e ánimo a todo o persoal que está traballando para os veciños de O Carballiño.

Publicidade

O GRUPO POPULAR BOTA EN FALTA UNHA COMUNICACION EFECTIVA ENTRE A XENTE NECESITADA E O CONCELLO DO CARBALLIÑO DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS.

NON EXISTE TELEFONO OPERATIVO EN EXCLUSIVA PARA  ATENCION ÁS PERSOAS, NIN SEQUERA UN BANDO CLARO.

TAMÉN ESTÁ A ACTUAR TARDE, HOXE MESMO PÚIDOSE COMPROBAR COA PROPIA ORGANIZACIÓN DO PERSOAL DO CONCELLO.

A LISTAXE DE PERSOAS QUE VIVEN SOAS QUE LEVAN DICINDO QUE TEÑEN DESDE HAI MESES, NON É OPERATIVA.

Estes días son moitas as persoas que nos están a trasladar a súa preocupación por que non saben onde e a quen dirixirse, ben para solucionar os inconvenientes que o estado de alarma prodúcelles, ben porque queren axudar como voluntarios a solucionar os problemas dos máis. E o Concello do Carballiño non está a ser todo o operativo e eficaz que é de desexar nun momento de crise como o actual.

Non pode ser que a estas alturas, a piques de finalizar o luns 16, cando o Decreto de Estado de Alarma en España anunciouse o venres 13, decretouse o sábado 14 e aplicouse o Domingo 15, non teña nin sequera un bando claro, máis aló de sinalar os espazos municipais que se pechan e recomendacións básicas para combater o Coronavirus, bando feito o día 13 de marzo.

Non existe un NÚMERO DE TELÉFONO ÚNICO de uso exclusivo para atender calquera situación de emerxencia que poida ocorrer, para necesidades urxentes, para, principalmente, persoas que vivan soas, preferentemente de avanzada idade, para necesidades de abastecemento de medicamentos ou mesmo de alimentos, co fin de que estas persoas non teñan que saír á rúa innecesariamente.

Levamos escoitando desde hai varios meses que o Concello conta cunha listaxe de persoas que viven soas e que se está a contactar con elas, pois ben, estamos  en condicións de asegurar que o único que ten o Concello é unha listaxe de persoas que aparecen empadroadas soas, pero que non se axusta á realidade, porque non se pescudou se en realidade as persoas desa listaxe viven en realidade no Carballiño, se contan con familiares que viven preto, ou os que en realidade viven sós, aínda que figuren outras persoas empadroadas no seu domicilio. Non se verificaron os datos coa teleasistencia da Deputación, ou coa Cruz Vermella, ou mesmo cos datos de axuda no fogar, polo que, para todos os efectos, a listaxe que manexan non é efectivo para o que se precisa neste momento. Por iso cremos que sería conveniente que, desde o  Concello, verificásen os datos o máis pronto posible, e que tamén se solicitase a colaboración cidadá para determinar con precisión que persoas poden necesitar esa axuda especial.

Tampouco entendemos que o Alcalde diga que vai reforzar o servizo de teleasistencia cando este non é un servizo municipal, a non ser que a estas alturas aínda non se decatase disto.

O servizo de teleasistencia, que é propio da Deputación e que dá servizo tamén no Carballiño a un total de 131 persoas, sendo o municipio que máis usuarios ten na provincia, xa está a ser reforzado pola Deputación Provincial, polo que dese tema non ten que preocuparse, porque o reforzo está a facerse, mesmo sen que o concello do Carballiño pedíseo á Deputación.

O Alcalde tiña que reunir durante toda a fin de semana ao operativo necesario para poñerse a funcionar. Nunha situación como esta non existen domingos, só existen días de risco continuo, e o alcalde non foi capaz de organizar un operativo con tempo, nin tampouco foi quen de informar os traballadores municipais para que cada un soubese, antes de chegar ao Concello, cal era a situación. Tampouco nos parecen adecuadas as condicións de traballo que se lles deron aos traballadores dos servizos municipais, pois se podería facer moito máis teletraballo que o que se prevé, simplemente dando máis acceso á administración electrónica do Concello.

Señor Alcalde, a esta hora, son innumerables os concellos que xa levan facendo cousas máis aló do decretado por outras administracións superiores, polo que ten exemplos dabondo para seguir.