Ribadavia prepara unha semana de actividades de pequeno formato polas Festas do Portal

As Festas do Portal este ano contarán con pequenas actividades culturais. Comezarán mañá ca estrea dun obrdoiro de debuxo basado na desnudoloxía. A modelo internacional de belas artes, Carolina Atuesta, ofrecerá por primeira vez en Ribadavia o 1º ciclo de sesións performaticas de debuxo cun modelo en directo. Serán catro encontros: dous ao aire libre e dous interiores, dedicados a artistas visuais e amantes da arte figurativa. Mañá a sesión será ás 20:00 horas na Praza Maior e será necesario inscripción previa no Concello.

O domingo haberá unha actuación da Lira de Ribadavia no Castelo, ás 20:30 horas. E o luns, contacontos “Somos iguais na maxia”, na Casa da Cultura ás 20:00 horas, concertó de jazz ás 20:30 horas na Madalena e concertó de The Tetas Van, ás 22:30 horas, no auditorio do Castelo.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto a misas, continuará a Novena na Honra da Nosa Señora do Portal, iniciada o día 30 ata o día 7 de setembro.