A Deputada socialista Uxía Tizón pon en valor o acordo entre Goberno e Femp

 O Goberno central e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) veñen de subscribir un acordo polo que aqueles concellos que cedan os seus remanentes de tesourería o Estado, recibirán 5.000 millóns adicionais, verán suspendida a súa regra de gasto para 2020, e probablemente tamén para 2021, e conseguirán un aforro en intereses. A deputada do PSdeG-PSOE de Ourense no Congreso, Uxía Tizón, pon en valor o acordo e afirma que lle dá o protagonismo necesarioo municipalismo nesta fase de recuperación trala pandemia ocasionada pola COVID-19.

Tizón afirma que se trata dun compromiso ambiciosoe lembra que tanto a Constitución Española como a Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria aprobada por el PP en 2012, impide aos concellos incorrer en déficit, sen embrgo con este acordo permíteselles incrementar o seu gasto público e o saneamento das súas contas, explica a deputada socialista. Situación que sucedería sempre que as entidades locais outorgaran os seus remanentes como préstamos a favor da Administración Xeral do Estado. O Estado, a posteriori e nun prazo de entre 10 e 15 anos transferiralles os remanentes novamente como ingresos non financeiros.

AVANTAR ACTIVIDADES

A socialista ourensá subliña que o emprego dos remanentes das entidades locais é compatible cos dos respectivos superávits e lembra que con estas medidas, as entidades locais aforrarían o pagamento de 70 millóns de euros anuais en intereses negativos, que actualmente aboan as entidades bancarias por ter depositados os seus remanentes. No relativo a regra de gasto e como medida extraordinaria, a aqueles concellos que se adhiran a este acordo non se lles aplicará a mencionada regra e tal e como afirman dende o Goberno o compromiso e estender esta medida a 2021 cos vindeiros orzamentos.

Outra das medidas do Goberno e que as administracións locais en situación económica vulnerable poderán percibir das Deputacións Provinciais e dos entes equivalentes a formalización de préstamos ou transferencias finalistas non reintegradas.

O PSdeG-PSOE de Ourense, a través da súa representante no Congreso dos Deputados, Uxía Tizón, pon en valor este acordo sen precedentes, como resposta o ditame da Comisión de Reconstrución, que dota, aos concellos dos recursos necesarios para loitar contra os efectos negativos ocasionados pola pademia da COVID-19.