O concello de Ribadavia publica as bases para o proceso de contratación desta vacante, que terá un contrato indefinido a tempo parcial con duración de todo o curso lectivo do conservatorio e da escola de música. O proceso de adxudicación desta praza será tendo en conta os méritos dos aspirantes. Os requisitos para esta convocatoria son ser español e maior de idade, ter os estudos necesarios para a realización desta función ou non padecer unha enfermidade que impida o exercicio das función, entre outros. Poden consultarse as bases completas na páxina oficial do concello ou no taboleiro de anuncios.