Ribadavia anuncia o cobro do imposto de bens inmobles do 1 de agosto ó 16 de outubro

O Concello de Ribadavia aprobou as listas cobratorias correspondentes ao imposto sobre bens inmobles urbanaos, características especiais e rústica do exercicio 2020. A partir da publicación hoxe deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia ábrese un prazo de información no cal as listas correspondentes a estes tributos estarán a disposición dos interesados na oficina do concello durante o prazo dun mes. O período de cobro para estes impostos fíxase dende o día 1 de agosto de 2020 ata o vindeiro 16 de outubro de 2020. Forma de pago: todos os recibos que non estean domiciliados en contas bancarias serán enviados por correo aos domicilios dos contribuíntes. No caso de non recibilos nas datas sinaladas, deberán dirixirse á oficina de recadación situada na praza Maior, nº 5 de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES