Asociacion Veciñal San Breixo SEIXALBO: “Andaina Solidaria co Banco de Alimentos”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dentro das actividades do mes cultural SEIXALBO 2020 este domingo celebraremos unha  Andaina Solidaria co Banco de Alimentos cun percorrido pola natureza, saíndo de Seixalbo ata o río Barbaña, para logo subir ata o Carqueixal, Castro Foxo e Alto da Moa, regresando a Seixalbo pola Vía da Prata.
Durante todo o percorrido será obrigatorio o uso de mascarillas e o mantemento da distancia interpersoal de seguridade, excepto as unidades familiares. Un Servizo de Orde da propia directiva veciñal velará polo cumprimento das medidas de precaución necesarias, discorrendo a marcha por unha ruta previamente sinalizada. O percorrido son 7 km de dificultade media-baixa
Estableceuse unha cota de inscrición de 5 euros que será destinada integramente ao Banco de Alimentos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A data de hoxe hai máis de CEN persoas inscritas, que irán con camisetas e mascarillas brancas facilitadas pola organización, formando unha verdadeira MAREA BRANCA de solidaridade.
Por se fose do voso interese, pode haber unha imaxe fermosa para gráficos no Parque da Infesta (antes do Centro Cívico) ás 10 da mañán, hora de saída.