Comunicado da Comisión da Festa da Anguía en Castrelo de Miño

IES CHAMOSO LAMAS

Festas da Anguía Barral Castrelo de Miño

Gustaríanos que este comunicado fose distinto ao que é. Gustaríanos vervos a todas e todos de novo degustando as anguías no campo da festa coas vosas familias e amizades, e vervos bailando trala cea.

HIPER MASIDE

VIDEO

A pandemia global que estamos vivindo, nos obriga a empregar medidas drásticas e excepcionais de protección. Medidas que, tras analizar todos os factores que inflúen organizativamente, non consideramos ser capaces de poder garantir e de poder ofrecer un evento á altura que sempre demos.

A Comisión da Festa da Anguía facemos o único que ten a súa única disposición para a axudar a combater ao COVID-19, que é evitar calquera risco que poida supoñer a realización da festa. O público asistente é a nosa prioridade, e nestes tempos, aínda máis. A seguridade de tódalas persoas implicadas no desenvolvemento da festa está por riba de todo e a nosa obriga, garantila.

Por este motivo, a vixésimo sexta edición da Festa da Anguía, que se ía celebrar os días 4, 5 e 6 de agosto do ano 2020, tristemente, SUSPÉNDESE.

Agardamos poder vernos no 2021 e disfrutar da nosa festa, comendo as anguías no campo sen medidas de protección e poder volver a bailar sen dous metros de distancia.