Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego

Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego organiza para o vindeiro mércores 30 de setembro un curso online gratuíto para implentar e poñer en práctica a guía: Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso na estimulación cognitiva que elaboramos xunto coa asociación AGADEA no ano 2016. 

Neste curso online explicaremos a organización e funcionamento desta guía a través de diferentes exemplos e exercicios prácticos. Neles usaremos recursos do folclore (como o baile, a música, a oralidade ou as celebracións tradicionais) para estimular diferentes áreas cerebrais.

O curso, que estará impartido por Bea Rey (terapeuta) e Carme Campo (educadora do Museo do Pobo Galego), está pensando para persoas coidadoras, ou que traballan no ámbito terapéutico ou da educación patrimonial. Tamén para persoas en envellecemento activo.

Para asistir ao curso en liña será preciso inscribirse no correo electrónico: servizosdeac@museodopobo.gal

AVANTAR ACTIVIDADES

Curso en liña gratuíto 
Data: 30 de setembro de 19h00 a 20h00
Duración: 60 minutos
Inscrición previa (ata o 29 de setembro) e máis información en servizosdeac@museodopobo.gal

Destinado a persoas do ámbito dos coidados, terapéutico ou da educación patrimonial. Tamén para persoas en envellecemento activo.

Imparten Beatriz Rey (terapeuta) e Carme Campo (educadora do Museo do Pobo), coautoras da guía.

Esta guía é o resultado dun proxecto de colaboración entre o Museo do Pobo Galego e AGADEA que concluíu en 2016 coa publicación deste manual de recursos. Algúns dos seus obxectivos son:

  • Posibilitar que as persoas maiores sexan estimuladas cognitivamente desde as súas costumes e vivenzas.
  • Utilizar o folclore galego e o patrimonio inmaterial como ferramentas de traballo para os programas de envellecemento activo.
  • Ofrecer materiais baseados no folclore galego e no patrimonio inmaterial para integralos nos programas de estimulación en persoas con deterioro cognitivo.
  • Crear materias adaptados a idade e a cultura das persoas maiores.
  • Visibilizar as diferentes potencialidades que ofrecen os recursos do patrimon

Para ir familiarizándovos co material podedes descargar a guía aquí: https://bit.ly/2RPPvk1