O brote das illas Baleares ascende a 155 contaxios en Galicia e 550 contactos estreitos

O comité clínico que asesora á Xunta sobre a xestión da crise sanitaria deu conta esta mañá da evolución da pandemia en Galicia. Aínda que os contaxios están á alza, a situación dos hospitais da tranquilidade. En canto ó brote das illas Baleares, non se tomaron medidas extraordinarias en canto a restricións.

Publicidade

Esta mañá confirmábase que a cifra ascendía a 155 casos e 550 contactos estreitos. Nas últimas 24 horas fixéronse 86 PCR e resultaron 49 positivos novos, 33 deste brote e os restantes en estudo.

Polo de agora é cedo para saber as consecuencias, xa que ó ser casos importados e non ser contaxio comunitario hai que analizar a incidencia a sete días.