Close up view of a farmer at work.

O período dispoñible para aportar esta documentación auméntase así, excepcionalmente, en tres meses.

Ante as peticións de diferentes organismos para prolongar dito período co fin de poder emitir os preceptivos permisos, o departamento de Medio Rural decidiu, un ano máis, amplia o prazo para facilitar a tramitación a gandeiros e agricultores solicitantes destas subvencións e evitar así que perdan as achegas.

Ao abeiro da convocatoria do ano pasado, un total de 533 beneficiarios recibiron axuda para acometer plans de mellora, 356 mozos e mozas obtiveron subvención para incorporarse ao agro e 200 persoas solicitantes conseguiron achega para a creación de pequenas explotacións.