O Centro Comercial Aberto pon en marcha un sorteo para a volta ás aulas

A asociación de comerciantes do Carballiño pon en marcha un sorteo para a volta ó cole. Esta iniciativa consiste en que os interesados en participar suban unha fotografía ou un vídeo cun look para a volta ás aulas nas redes sociais de Facebook ou Instagram. Ademáis, deberán seguir á conta da asociación, @CarballiñoCCA, etiquetar a esta conta e ó establecemento asociado onde se mercou a roupa. Se a tenda non ten perfil nas redes sociais, chega con poñer o seu nome. O sorteo estará activo ara o 30 de setembro e o gañador darase a coñecer o día 1 de outubro. O premio consiste en vales regalo por valos de 100 euros nos establcementos asociados ó Centro Comercial Aberto.

A xerente da asociación, Noelia Marea, explicou con máis detalle o funcionamento deste sorteo e convida a todos a participar.

AVANTAR ACTIVIDADES