Baltar salienta “a resistencia do municipalismo diante dun Goberno soberbio que pretendía expropiar os aforros das entidades locais”

Às 10.30 horas: Rolda de prensa de Manuel Baltar.- Na sala de prensa do Pazo Provincial, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ofrecerá mañá luns unha rolda de prensa para analizar temas referidos ao municipalismo español en relación ao acordo do Congreso, do pasado xoves, sobre o superávit dos concellos.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense reitera, en relación á votación no Congreso, a pasada semana, na que as Cortes Xerais tombaron o acordo da cesión ao Executivo dos remanentes dos concellos, que foi “unha vitoria do municipalismo e unha derrota de Pedro Sánchez”

“A solución pasa por aprobar un novo real decreto que contemple as peticións unánimes que Pedro Sánchez xa coñece da FEMP, recollidas no documento que aprobamos o pasado 22 de maio”, afirma Baltar

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, salientou hoxe “a resistencia do municipalismo diante dun Goberno de España soberbio que pretendía expropiar os aforros das entidades locais”, e reiterou, en relación á votación no Congreso, a pasada semana, na que as Cortes Xerais tombaron o acordo da cesión ao Executivo dos remanentes dos concellos, que foi “unha vitoria do municipalismo e unha derrota de Pedro Sánchez”.

Baltar amosou hoxe en rolda de prensa a resolución do Boletín Oficial do Estado, do pasado 10 de setembro, no que se ordena a publicación do acordo de derrogación do Real Decreto Lei 27/2020, de 4 de agosto, de medidas financeiras de carácter extraordinario e urxente aplicables ás entidades locais. Criticou a “falta de palabra de Pedro Sánchez, quen se comprometera en abril a reunirse cos representantes do municipalismo español cada 15 días, e a realidade é que desde o 20 de abril ata hoxe, 14 de setembro, non houbo máis reunións. Iso é o que vale a palabra do presidente do Goberno: nada”.

Manuel Baltar dixo que, a pesares dixo, “a xunta de goberno da FEMP traballou cara a un pronunciamento que foi o documento para a reconstrución económica, aprobado por unanimidade, como todas as cuestións adoitadas pola FEMP; así era historicamente ata o momento no que ao presidente actual se lle ocorreu forzar unha votación o pasado 3 de agosto, e para sacala adiante utilizou o seu voto de calidade por primeira vez na FEMP en 40 anos”.

“Pola contra, nós o que pretendemos é que os cartos das veciñas e dos veciños se invistan no territorio que os xeraron; que se entreguen de inmediato e de forma incondicional, para que se poidan utilizar nas cuestións que os gobernos locais teñan a ben, no exercicio da súa autonomía local; e isto non sucede co acordo que se nos fixo chegar por parte do Goberno”, expresou Baltar, valorando que esta actuación “trouxo consigo unha crise no seo da FEMP e unha revolta municipal que levou a que o Congreso tombase o acordo”.

O presidente Baltar destacou os pronunciamentos e aprobacións en plenos por parte da Deputación de Ourense na defensa da non confiscación deses remanentes por parte do Goberno, co voto en contra do grupo socialista na Deputación, e tamén salientou as concentracións que houbo a pasada semana diante dos concellos da provincia en protesta por este tema.

Fronte ao que considera “unha inxustiza e un ataque ás competencias municipais por parte do Goberno”, Baltar remarca que “a alternativa sempre é o diálogo e o consenso para que os aforros e os remanentes poidan chegar a quen realmente lle pertence”, e incide en que esta “gran vitoria do municipalismo é unha sonora derrota de Pedro Sánchez, quen, agora, o teno moi fácil de solucionar: consello de ministros e aprobación dun novo real decreto coas peticións unánimes que xa coñece da FEMP con ese documento que aprobamos o pasado 22 de maio”.