O pasado venres incorporáronse os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Nestas dúas xornadas tamén comezarán a impartir clase os 240 mestres contratados a maiores.

Estableceuse un protocolo xeral que consiste en manter os grupos de convivencia estable, a obrigatoriedade do uso de máscara e da medición da temperatura de xeito previo no domicilio.

Badal Televisión estivo hoxe no centro educativo CEIP Terras de Maside, para asistir de primeira man á volta ás aulas de xeito escalonado. Os máis pequenos amosáronse contentos pola volta ás aulas, concienciados pola situación actual e as medidas. Pola súa parte, os país amosáronse tranquilos con esta volta, xa que aseguran que o profesorado e a directiva están seguindo o protocolo establecido para facelo.

O director, Luis Veloso, contounos como afrontan este curso atípico e cales son as medidas que se tomaron para que a volta sexa o máis tranquila posible.

Co inicio do curso escolar que acabamos de ver de xeito progresivo, Badal Televisión quixo consultar ó doutor Martín Nogueira sobre cales son as medidas que recomenda para o regreso á casa durante cada xornada dos cativos.