O Club Deportivo Arenteiro iniciou hoxe os seus adestramentos

A dirección do Club Deportivo Arenteiro soubo na tarde de onte a data prevista para o inicio da liga, unha data pola que se estaba esperando dende mediados do mes de agosto para poder dar comezo ós adestramentos. Naqueles días, a Federación Galega de Fútbol baraxaba a data do 26 de setembro, a espera dunha aprobación final da Xunta de galicia. Finalmente, esta data prolongouse e a o comezo da competición está fixado para o 18 de outubro.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Logo de coñecer esta decisión, o club púxose en marcha e comezou hoxe pola mañá os adestramentos nas instalacións deportivas da Uceira.

O club, agora liderado por Argimiro Marnotes, conta con Fran Justo coma o seu novo adestrador, e plantexan unha renovación ademáis do seu once titular na forma de traballo. A nova dinámica para avanzar á profesionalización acolle como medida os adestramentos pola mañá durante os cinco días laborais da semana.