O concello de Punxín celebra o venres un pleno extraordinario solicitado por CxG

Imaxe dun pleno no concello de Punxín en decembro de 2019.
IES CHAMOSO LAMAS

O concello de Punxín celebrará un pleno extraordinario este venres, ás 12:00 horas. Esta é unha solicitude do grupo Compromiso por Galicia no concello. Entre os puntos da orde do día atópanse unha análise da xestión de goberno no que vai de mandato e a aprobación dun acordo municipal con catro iniciativas básicas nun paquete de medidas sociais e económicas para activar Punxín, como a presentación á Xunta da posta en marcha do PXOM, a declaración de zona de especial protección para os paseos do Barbantiño e a ampliación das paradas do bus urbano de Ourense a Punxín.

Eladio Fernández asegura que con estas aprobación poderíase poñer a andar o concello, recalcando a súa boa ubicación na provincia. 

HIPER MASIDE