Cea contará co seu segundo mirador, ubicado hacia Oseira

IES CHAMOSO LAMAS

Nos próximos meses, un mirador ubicado en San Cristovo de Cea, ofrecerá as vistas da localidade de Oseira dende as alturas. O concello comezará a creación dunha zona na estrada que une Oseira con Mairallas, ó carón do camiño da Vía da Prata, ca intención tamén de potenciar o paso do camiño de Santiago pola zona. O proxecto está financiado por Turismo cunha subvención de 38.000 euros. As obras prevese que estén finalizadas no mes de novembro e consistirán na rehabilitación dunha área de recreo, con mobiliario e con barandas na zona do mirador. Esta intervención estará integrada no entorno natural e os materiais respetarán as condicións naturais.

Este mirador é o segundo ubicado neste municipio, sumado ó que xa se instalou no entorno do campo de fútbol e das piscinas municipais. Contará ademáis cun telescopio para poder ver a paisaxe máis ó detalle.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA