Baltar pide ao Goberno unha negociación urxente coa FEMP

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense e membro da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Manuel Baltar, pide ao Goberno de España unha negociación urxente coa FEMP para elaborar un real decreto que sexa xusto coas necesidades reais dos municipios e provincias ante as graves repercusións da pandemia. Baltar afirma que ?mentres os socialistas quedan sós na illa da desunión, sen pontes para o diálogo, o resto das forzas políticas demostramos que por encima das cores políticas están os intereses dos municipios e as provincias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense defende que en plena pandemia do COVID-19 reclamamos unidade, fortaleza e defensa das economías locais e provinciais, para colaborar na recuperación económica de familias, autónomos e empresas, e demanda un decreto no que se inclúan os dous fondos de axudas directas: un incondicionado e outro para o financiamento do transporte urbano, que a Xunta de Goberno da FEMP reclamou unanimemente o pasado 22 de maio. Neste sentido, defende que os concellos e deputacións poidan dispor libremente dos remanentes acumulados durante os últimos anos, para poder destinalos aos proxectos e políticas que determine en función das súas necesidades

Criterios de ruralidad

Manuel Baltar defende que nestes momentos, máis que nunca, deben terse en conta criterios de ruralidad, pensando nos municipios máis pequenos, no reto demográfico e na conectividad das persoas que viven nestes territorios. A poboación nunca debe ser un número

Así mesmo, considera insuficiente o novo real decreto de axudas a entidades locais contra os efectos do COVID-19, cuxo borrador presentou o Ministerio de Facenda. A non convalidación do anterior real decreto por parte do Congreso evidencia que era un mal acordo, que vulneraba a autonomía financeira das entidades locais e establecía unha inadmisible exclusión dos concellos que non dispoñen de remanente da repartición dos fondos provenientes dos Orzamentos Xerais do Estado. Uns criterios que Baltar critica porque non eran xustos nin solidarios e prexudicaban gravemente por centos de miles de habitantes de moitos municipios e provincias, creando un evidente agravio

Manuel Baltar reclama o inicio inmediato de novas negociacións que permitan establecer criterios de repartición dos fondos baseados na igualdade e na solidariedade, tal e como xa se fixo co conxunto das comunidades autónomas a través do fondo de 16.000 millóns de euros habilitado polo Goberno de España. Resulta imprescindible lograr un acordo satisfactorio para que todas as entidades locais de España reciban urxentemente axudas adecuadas para afrontar as graves repercusións financeiras da pandemia do COVID-19. Desde esa vontade sincera de diálogo, é necesario alcanzar un bo acordo con solucións e medidas para dar resposta ás necesidades reais dos veciños de todos os municipios, expresa o presidente da Deputación de Ourense.

A clave desa nova negociación debe ter a súa base, segundo Baltar, en acordos alcanzados por unanimidade no seo da FEMP os pasados 2 de abril e 22 de maio para reclamar ao Goberno de España que arbitre un sistema de axudas a todos os concellos que permitan facer fronte ás dificultades económicas ocasionadas pola crise sanitaria do coronavirus, con especial atención ao fondo incondicionado de 5.000 millóns e ao de 1.000 millóns destinado especificamente ao transporte público. Estas axudas son imprescindibles para que os municipios sigan prestando os seus servizos públicos e axudando a quen máis o necesitan durante a actual crise económica, explica.

Segundo os acordos de abril e maio, Baltar defende que o Goberno central debe incluír na súa nova proposta de real decreto a aplicación de superávits, a ampliación do prazo dos investimentos financieramente sustentables e a eliminación da regra de gasto, ademais do concepto de déficit e de estabilidade polo menos para 2020 e 2021, así como as medidas de axuda directa que contan cun amplo respaldo político: un fondo estatal incondicionado de 5.000 millóns para todos os concellos e outro fondo específico de 1.000 millóns para o financiamento do transporte municipal

Tamén considera indispensable garantir nese futuro decreto que as entidades locais ?poidan participar como beneficiarias dos fondos europeos unha vez concretadas as condicións do Fondo de Recuperación aprobado na Unión Europea. A participación dos municipios neses fondos europeos debe ser, polo menos, do 14,16 %, que é a porcentaxe do gasto local respecto do gasto público total en España.

Manuel Baltar reivindica o papel fundamental que xogaron todos os concellos na xestión da crise sanitaria e económica ocasionada polo coronavirus, independentemente da súa cor política ou da súa situación económico-financeira, un esforzo financeiro nesa xestión dos concellos e deputacións que está a ser realizado até a data sen axudas de ningún tipo, exclusivamente con recursos propios nunhas circunstancias excepcionais que fixeron minguar os ingresos e aumentar os gastos de maneira inédita. Necesitamos urxentemente axudas estatais e europeas para poder continuar prestando aos nosos veciños os servizos e medidas anti-COVID que necesitan e colaborar desde o ámbito local na imprescindible reactivación da economía.

E conclúe expresando que a vontade é seguir exercendo todas as iniciativas posibles en defensa dos lexítimos intereses dos nosos veciños e para esixir as axudas financeiras que necesitan e merécense para manter os servizos municipais adecuados, en favor da xustiza e a igualdade da situación financeira das entidades locais, remarca Manuel Baltar.