A Xunta presuposta para 2021 a reforma do centro de saúde de Ribadavia

anf reunese co alcalde de ribadavia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil, ao que avanzou que a Xunta incluirá na memoria dos orzamentos para 2021 unha partida para abordar a reforma integral do centro de saúde deste municipio ourensán.

O Goberno galego comprometeuse a que este mesmo ano se procederá á redacción do proxecto de reforma da instalación, de tal xeito que se poida proceder á licitación das obras de reforma e mellora.

AVANTAR ACTIVIDADES

Feijóo tamén asegurou o apoio para a construción dunha nova residencia de maiores e centro de día, para a cal o Concello de Ribadavia está xa negociando un acordo con Mensajeros de la Paz.