Espazo Común urxe explicacións ao goberno municipal do Carballiño pola estratosférica suba do recibo da auga

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Será a través dunha moción de urxencia proposta no pleno do vindeiro venres, 19 de xuño, cando o Grupo Municipal de Espazo Común demandará explicacións ao equipo de goberno (PSdeG-PSOE e PP) pola inconcebible suba do recibo da auga.

Esta iniciativa parte do enfado e da inquedanza que veñen trasladando a este grupo político moitas familias e empresarios nos pasados días dende que empezaron a recibir os importes que van ter que pagar polo servizo municipal de augas. “En moitos casos, as contías pasan do dobre do que se viña facturando antes polo mesmo concepto. Temos fogares que pasan de 30 a máis de 60 €, de 20 a 56, de 30 a 80 e empresas que pasan de 2.000 a 4.000 €”, apuntan.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Consideran que “este novo ataque ás economías domésticas e das pequenas e medianas empresas do noso pobo segue na liña de subas anteriores perpetradas polo ‘goberno PPSOE’ do Carballiño, como por exemplo a do recibo do lixo. Todo este saqueo para despois despilfarrar cartos públicos sen sentido algún sobrepagando custos en obras e servizos dun xeito nunca antes visto”.

Espazo Común demandará, como ven facendo dende hai moito tempo, unha racionalización dos prezos e que non se lle impute directamente aos cidadáns todo o custo do novo contrato para a xestión da auga.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------