O concello dispón de 5.000 euros para axudas a compra de libros e material escolar para as familias

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O concello do Carballiño publica as bases para as axudas para a adquisición de material escolar. Estas axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar están destinadas ás familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño que teñan nenos e nenas ao seu cargo, escolarizados en centros públicos ou concertados deste municipio.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Será necesario que todos os membros da unidade de convivencia estean empadroados no Concello do Carballiño con seis meses de antigüidade, como mínimo.  E non superen os 6.000 € de renda per cápita anual (6.000 euros por membro da unidade familiar). O importe total asignado no orzamento municipal que se destina é de 5.000 euros e a contía máxima das axudas será de 100 €.

As familias que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no modelo normalizado (que se lles facilitará no propio concello) no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOP, tras a comunicación efectuada para o efecto pola BDNS, no rexistro municipal do Concello do Carballiño

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------