Ribadavia ofrece unha proxección de autocine o día 2 de xaneiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O campo de fútbol de San Critovo acollerá unha xornada de autocine o próximo día 2 de xaneiro. Esta foi unha iniciativa motivada pola situación sanitaria para poder facer actividades con menor aglomeración, xa que o filme vese dende o propio vehículo. No verán xa se fixeron varias proxeccións que foron todo un éxito. A entrada será de balde e o filme, “El origen de los guardianes”, de categoría familiar, comezará ás 18:30 horas.