O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecía esta mañá para dar conta das novas medidas restritivas que entrarán en vigor a partir das 00:00 horas do venres, é dicir, na madrugada do xoves para o venres. O presidente confirmou que esta terceira vaga da pandemia está chegando con forza, con nivel de contaxios disparados, aínda que sinalou que a presión asistencial mantense en mellores condicións ca na segunda vaga. Sanidade espera para a primeira ou segunda semana de febreiro o pico máximo.

“Recomendamos que se faga o esencial. Acudir ó médico, ó colegio, ó traballo… Facemos fincapé en que se recupere o teletraballo”. A nivel autonómico, tomaranse as seguintes medidas xenéricas. As reunións privadas e públicas quedan limitadas a un máximo de 4 persoas. O toque de queda adiantase ás 22:00 horas e o peche do comercio en xeral debe adiantarse ás 21:30 horas.

A hostalaría abrirá tamén en toda Galicia ata as 18:00 horas, con aforos variadosdependendo do nivel no que se atope cada municipio. Os únicos niveis que se implantarán serán o medio alto e o máximo. No medio alto, permítese un 30% de aforo interior e un 50% de aforo exterior. No nivel máximo, só un 50% de aforo de terrazas. Despois das 18:00 horas, tampouco se poderán ter reunións de non conviventes en vivendas. En canto á mobilidade, os concellos non se pecharán, salvo as cidades que están neste nivel máximo.

Feijóo descarta aplicar un confinamento domiciliario, asegurando que as medidas xa son moi estrictas, e que teñen a intención de ter case a mesma función que esa medida, se se cumpren na súa totalidade.

CARBALLIÑO, NO NIVEL MÁXIMO

En máxima vigilancia atópanse 33 concellos de más de 10.000 habitantes en toda Galicia e outros 27 27 municipios de menos de 10.000 habitantes. 60 concellos en total, en Ourense son os seguintes: Ourense, Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei e Xinzo.

Estos concellos terán a mobilidade limitada no seu perímetro. O interior dos locais de hostalaría deben permanecer pechados e con servizo ata as 18:00 horas.