Dona Emilia Pardo Bazán no IES Nº 1 do Carballiño

O luns 31 de maio, o IES Nº 1 contou coa visita de Dona Emilia Pardo Bazán acompañada do Excmo. Sr. Alcalde de Vilamorta.

GALERIA

AVANTAR ACTIVIDADES


Consistiu nunha performance organizada pola Concellería de Cultura do Carballiño no marco de actos conmemorativos do centenario da morte da escritora. Nela, dous actores da Asociación Cultural Plan B, caracterizados como Dona Emilia e como un dos seus personaxes, percorreron as aulas de 4º de ESO para interactuar cos alumnos e achegalos á figura da autora do cisne de Vilamorta.


Hai uns meses, a propia Concellería realizou unha edición facsímile da devandita obra e obsequiou a cada un dos alumnos de 4º de ESO cun exemplar. A novela foi lida e estudada na clase de Lingua e Literatura Castelá. Ese coñecemento previo foi un aliciente máis para que os alumnos gozasen deste interesante intercambio no que Dona Emilia transmitiunos a mensaxe de loita pola defensa da igualdade feminina e dos propios ideais que vertebra a vida e a obra desta galega adiantada ao seu tempo.