O punto de atención á infancia de Boborás será gratuito a partir do segundo fillo

Trátase dunha medida aprobada por unanimidade dos presentes no último pleno celebrado no municipio. Deste xeito, mantense o custe por un único fillo en 30 euros para os empadroados en Boborás e de 45 para os non empadroados. E os irmáns non terán que pagar, cando ata o momento tiñan un desconto do 20% e do 50% por ser familia numerosa.

A gardería ademais foi totalmente renovada nos últimos anos. Contou cun cambio de solo, pintado do inmoble, creación dun parque infantil compartido cos alumnos do centro público, a dotación dos ordenadores, proxectores e novos mobiliarios de xogo.

AVANTAR ACTIVIDADES