O PSOE de Ribadavia denuncia o estado do parque dos Xardinillos

Os socialistas afirman que dun tempo a esta parte, a situación, lonxe de mellorar, tornouse en facer caso omiso as denuncias do grupo maioritario da oposición. Dende fai dúas semanas, non só non se arranxaron as fochancas e losetas soltas, senón que tamén se deixou esmorecer a valla do perímetro do parque.

Dende o Grupo Municipal Socialista tamén denuncian a situación do peche do campo de xogo das crianzas, que aseguran que “está totalmente roto e moi perigoso, xa que hai esquinas nas que os nenos poden caer e sufrir feridas”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os socialistas lembran que baixo o seu mandato acondicionouse e déuselle vida a este parque e recibiron críticas orquestradas polo actual alcalde, César Fernández. Ignacio Gómez, portavoz socialista, asegura que levan varias semanas denunciando a situación do Parque dos Xardinillos e piden “actuacións urxentes” no mesmo.