O Psdeg-Psoe de Laza informa das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza sobre a relacion laboral dos Ges que lle dan a razón o ex alcalde socialista, Jesús Blanco Conde

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas denuncian que nada máis constituírse a nova corporación en xuño de 2019 comezaron a caer unha choiva de demandas no xulgado do social auspiciadas por quen acaba de perder a alcaldía

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O voceiro do PSdeG en Laza, Jesús Blanco Conde, celebra que a xustiza lle de novamente a razón e afirma que “demóstrase que os socialistas tiñamos razón nos nosos recursos”

O PSdeG-PSOE de Laza informa aos medios de comunicación e a veciñanza de que as tres sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza sobre a relación laboral dos GES que lle dan a razón o ex alcalde do municipio, o socialista, Jesús Blanco Conde. Dende o Grupo Municipal Socialista denuncian que nada máis constituírse a nova corporación municipal o 15 de xuño de 2019, na que despois de varias décadas de goberno do Partido Popular, púxose ao fronte unha coalición formada polo PSdeG-PSOE e Xuntos Por Laza, comezaron a caer unha choiva de demandas ante os xulgados do social, coas que se buscaba a fixeza da relación laboral e segundo afirman os socialistas “auspiciadas por quen acababa de perder a alcaldía.

Trátase de demandas que foron formalizadas por primeira vez e despois de que moitos destes traballadores estivesen traballando dende principios de século, e nalgúns casos dende o século pasado con contratos temporais concatenados en fraude de lei. “Obviamente aquelas sentencias de instancia que declararon a relación laboral de carácter indefinido non foron recorridas polo Concello, pois os contratos celebrados en fraude de lei, neste caso polo anterior goberno do Partido Popular, reconvertéronse de xeito automático en indefinidos”, sinala o voceiro socialista Jesús Blanco Conde.

Durante o ano que Blanco Conde estivo ao fronte da alcaldía, o voceiro do PP, José Ramón Barreal Novo, de forma “regular e sistemática” interesou a retirada destes recursos, que afectaban de xeito directo a súa parella, petición a que tamén se sumaron os anteriormente socios de goberno dos socialistas, as Mareas locais. Algo que se pode comprobar nas actas plenarias, nas que figuran un rogo en tal sentido e incluso unha moción de urxencia,

Os socialistas denuncian que Xuntos Por Laza e o seu voceiro, Lorenzo Vila, “foron cómplices da situación” xa que optaban por non recorrer as sentenzas favorables aos traballadores, namentres os socialistas optaban por respectar aos dereitos dos traballadores, pero tamén “defender os intereses xerais da veciñanza”. O Grupo Municipal Socialista optou por proceder de forma prudente e agardar a pronunciación dos tribunais, que finalmente lles deron a razón ao alcalde e o seu grupo.

Dende o Grupo Municipal Socialista tamén explican que unha vez producida a renuncia de Blanco Conde como alcalde e coa proclamación de Barreal Novo coma novo rexedor, este optou por requirirlle ao letrado nomeado polo Concello en todos os procedementos de demandas laborais que había nese momento en curso, para que con carácter inmediato se procedese a desistir de todos os recursos interpostos. “Chama a atención desta decisión pola celeridade e o requirimento inmediato o letrado actuante para que formalizara os correspondentes desestimentos, quen, visto que iso ía contra as normas máis elementais de ética e deontoloxía, pois cría e cre nos seus argumentos, viuse abocado a formalizar a súa renuncia, sendo agora outro avogado o que representa ó Concello”, explica Jesús Blanco.

A primeira das sentenzas, recaída o 7 de agosto polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estimou o recurso interposto polo Concello de Laza, dando por revogada a sentencia de instancia e declarando a relación laboral indefinida e non fixa da traballadora. O 1 de setembro recaeu a segunda das sentenzas, que neste caso afectaba a parella do actual alcalde do Partido Popular, Barreal Novo. O Tribunas desestimou o recurso de suplicación interposto pola traballadora e estimou, novamente o recurso interposto polo Concello de Laza contra a sentenza con data do 23 de setembro de 2019 ditado polo Xulgado do Social Nº” de Ourense. O Tribunal optou pola revogación da sentencia de instancia e, no seu lugar, acordou que a relación laboral da traballadora en cuestión é de carácter indefinida e non fixa, confirmándose o resto de pronunciamentos.

A terceira das sentencias con data 18 de setembro de 2020 dispón que, unha vez máis, o Tribunal Superior de Xustiza estima en parte o recurso de suplicación formulado polo Concello de Laza conta a sentencia ditada o 10 de outubro de 2019 polo Xulgado do Social Nº· de Ourense, recoñecendo o dereito contra dita recorrente e con revogación de dita resolución, acolléndose en parte a demanda da reitora dos autos e en consecuencia, declarando que a relación do actor co demandado é indefinida e non fixa, con antigüidade dende o 15/05/2012 e desestimando o recurso do actor.

Tras analizar, coma nos casos anteriores, a normativa e a doutrina xurispruendencial finaliza o fundamento de dereito terceiro co seguinte razoamento: “A anterior doutrina xurisprudencia e normativa indicada é aplicable ao presente suposto por canto, indiscutida a existencia de fraude na contratación do actor, non cabe aplicar os criterios sentados por este Tribunal nas sentencias do 28 de xuño de 2018 e 15 de maio 2019 por canto no presente caso o actor foi contratada temporalmente en varios dos seus contratos cunha contratación nominal, é dicir non existiu unha oferta pública de emprego aberta aos cidadáns que quixesen acceder ao devandito posto de traballo, e ocorre o mesmo cando na última contratación de 2016 convócase un concurso oposición para contratación temporal exclusivo para o persoal que xa está a prestar servizos no GRUMIR, é dicir, que non se respectaron os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público, polo que non cabe comparar esta situación coas alí axuizadas, todo iso implica a estimación parcial do recurso e revogación dela resolución de instancia. A estimación parcial efectúase sempre que a parte demandada de modos subsidiario admite a declaración de indefinida (entendemos que non fixa) por fraude na contratación, extremo que xa non discute, pronunciamento que ha de ser atendido por canto como xa indicamos se non se discute a fraude na contratación e a consecuencia inherente á devandito fraude é o recoñecemento de tal condición”.